Festexamos o Día das Letras Galegas


 BOAS COMPAÑEIROS/AS

Como cada 17 de maio, celebramos unha das datas máis importantes no noso calendario: o Dia das Letras Galegas, sendo este ano a homaxeada Begoña Caamaño.

Nesta xornada homenaxeamos a Begoña Caamaño, unha escritora, xornalista e activista cultural que deixou unha profunda pegada na literatura galega contemporánea. Para iso, traballamos a súa persoa nas aulas a nivel titorías.

Despois, visitamos a exposición onde os diferentes paneis informativos nos contaban a súa historia: dende a súa vida dende que era pequena ata as súas últimas obras e achegas. Ademais, tamén vimos un pequeno video na biblioteca sobre ela.

Rematamos a xornada escoitando un fantástico podcast que fixeron os nosos nenos e nenas na Cast@radio.

Asi mesmo, ao longo deste mes no reto de biblioteca creativa tamén fixemos unha actividad relacionada con Begoña Caamaño e o libro de Eva Mejuto e Nuría Díaz: Os fíos de Begoña.


Debemos ter en conta que festexar esre día significa tamén apostar polo futuro do galego e recoñecer a tódalas persoas que adicaron a súa vida á cultura e á palabra.


APERTAS

CASTAÑÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario