Dinamizando a nosa biblio no mes de xaneiro!

 Seguimos coa dinamización da nosa biblioteca con actividades como robótica ou contacontos.

Ao longo do mes de xaneiro continuamos facendo diferentes actividades dende a nosa biblioteca co obxectivo de dinamizar todos os nosos recursos: obradoiros de plastilina, de robótica, xogos de mesa como o bingo ou realización de mandalas.

O que non faltou foron os días de lectura libre, unha das cousas que máis lles gusta ao noso alumnado.


Vémonos en febreiro, mes de entroido!
Saúdos

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario