Coñecendo as nosas institucións!

 O pasado mércores o alumnado de 5º e 6º viaxou a Santiago grazas ao programa Coñecendo as nosas institucións. 

Este programa trátase dunha iniciativa que ten como principal obxectivo achegar ao alumnado as principais institucións públicas de Galicia, concretamente o Parlamento e a Xunta de Galicia.

Grazas a esta experiencia, a rapazada tivo a oportunidade de descubrir como traballan as persoas encargadas da toma de decisións da nosa comunidade así como de coñecer os principais espazos institucionais, a súa historia e funcionalidade (o hemicilo, a sala das letras galegas, onde se reúnen os conselleiros/as e os secretarios xerais...).


Sen dúbida algunha, unha actividade que resultou moi enriquecedora no que vimos de primeira man o estudado na aula.

Saúdos

Ningún comentario:

Publicar un comentario