Practicamos un novo deporte: o golf

 BOAS RAPAZADA!
Onte o alumnado tivo a oportunidade de coñecer máis en profundidade e incluso practicar un deporte pouco coñecido para eles: o golf.

A nosa rapazada visitou o campo de golf situado na Armenteira co obxectivo de coñecer un  novo deporte. Alí, Javier e Miguel, grandes profesionais, amosáronnos as instalacións, faláronnos do coidado tan estricto que ten que ter un campo de golf e tamén nos comentaron aqueles aspectos positivos que ten este deporte: que é o aire libre, que se require silencio, a relaxación que ofrece... 

Despois explicáronnos como se golpea, a posición corporal e fíxeronnos unha pequena mostra para que, logo de merendar, o noso alumnado puidera practicar durante un tempo o golpeo. 

Foi un pracer pasar unha xornada con eles. 

Sen dúbida encantounos o golf!

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario