OLA RAPAZADA!
Xa estamos de volta coas actividades que levamos a cabo no mes de abril na nosa biblioteca.
A pesares de que o mes de abril foi máis curto polas vacacións do segundo trimestre deunos tempo de facer moitas actividades na nosa biblioteca.
Como sempre non puideron faltar as actividades que tanto lles gustas aos nosos nenos e nenas como o obradoiro de plastilina, a robótica ou os xogos de mesa.
E, por suposto, tamén fixemos club de escritura no que, desta volta, non só traballamos coas letras senón tamén co debuxo artístico.
Vémonos no mes de maio!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario