Boas rapazada!
Este ano participamos nun novo proxecto denominado Polos Creativos!
Este proxecto veu acompañado dunha gran
transformación do espazo da 1º planta con case 200 metros cadrados.
ANTES
Este novo espazo conta con diferentes zonas todas elas dotadas de numerosos materiais: zona audiovisual, de robótica, a zona
de circuítos eléctricos e téxtis, así coma un apartado para a máquina de chapas
e o plóter de corte, entre outras.
A inauguración fíxose con todo o
alumnado do centro e facendo obradoiros internivelares onde o alumnado iba rotando cada 20/25 minutos por
cada obradoiro, facendo a súa propia chapa, aprendendo a facer un circuito
eléctrico dunha casa de xeito sinxelo, a manexar o robot tru tru, a superar o
reto kapla, a montar elementos a través do lego e a traballar con circuítos
textís.
Non sabedes que ben o pasamos!
Saúdos
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario