Degustación de merendas saudables. 3º trimestre

 BOAS RAPAZADA!

Como os dous trimestres anteriores... toca ver cales foron as merendas saudables desta volta!


No mes de abril tocoulle aos nenos e nenas de 3 e 4 anos da profe Fani e fixeron unhas galletas de chocolate con amendoas, dátiles... a verdade é que non só disfrutaron moitísimo do proceso senón que tamén estaban de rechupete.


Ademais, tamén aproveitamos para facer o noso primeiro programa de cociña!


E a última receita correu a cargo do alumnado de 3 e 4 anos da profe Marina. A rapazada aproveitou que é tempada de amorodos para facernos un batido ríquisimo destas con plátano.


Saúdos

Castañón

1 comentario:

  1. Que boa pinta ten todo rapaces!!!
    Parabéns polo traballo que facedes a diario e os mestres por estas actividades tan chulas que vemos no blog.

    ResponderEliminar