COMEZAMOS A TEMPADA NA CAST@RADIO

Boas rapazada:
Hoxe estou aquí para anunciarvos que arrancamos coa nova tempada de programas radiofónicos. 
E temos varias novidades que contarvos, por unha banda dicir que hoxe estreamos o novo material que mercamos co diñeiro do premio do I Concurso de Podcast. E que amosamos como temos agora a Cast@radio na s seguintes fotografías.












 E por outra banda neste  primeiro programa estreamos unha sección deste tempada, a cal versa sobre os Xogos Olímpicos que, como xa sabedes, é o tema do noso PDI.
Neste programa mantemos a axenda da biblioteca e os infantís opinan de... que nesta ocasión falan sobre o deporte, pero acaban falando de superheroes.









Xa podedes escoitar o programiña na lapela correspondente. Aínd que esta vez por ser o primeiro programa vou engadilo a esta entrada.


Saúdos 
Castañón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario