Boas rapazada:
Como vai todo? Botabadesme de menos. Non pensariades que me esquecera de vós ? Pois xa estou aquí de novo, despois dun longo verán de descanso regreso ao meu fogar con todos vós.
O primeiro que quero contarvos, coma cada curso, é a temática do noso P.D.I. deste curso e que como xa sabedes este ano son OS XOGOS OLÍMPICOS, e imos coma sempre dividilo en tres partes, de seguido aparece o que imos traballar en cada unha delas:
1º TRIMESTRE:
HISTORIA E SIMBOLOXÍA DOS XOGOS OLÍMPICOS.
2º TRIMESTRE: OS
DEPORTES OLÍMPICOS (INDIVIDUAIS E COLECTIVOS).
3º TRIMESTRE:
PERSONAXES RELEVANTES NO MUNDO OLÍMPICO.
Eu xa estou preparado para gozar do mundo do deporte e vós?
Saúdos, Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario