Actividades de dinamización da biblioteca: decembro

 OLA COMPAÑEIROS/AS!
Rematado o mes de decembro toca ensinarvos cales foron as actividades que levamos a cabo para dinamizar a nosa biblioteca polas tardes.

Este mes comezamos coa visita dunha nai, quen fixo un taller de teatriño cos nenos e nenas no cal tiveron que, ademais, elaborar as súas propias marionetas con calcetíns.
E, por suposto, non faltaron as actividades e obradoiros relacionadas co Nadal: dende tarxetas navideñas ata adornos para a nosa árbore.

Agardamos que vos gustaran! Vémonos nas propostas do mes de xaneiro.

Saúdos

Castañón




Ningún comentario:

Publicar un comentario