Boas rapazada!
A raíz da participación no programa Eduemprende na Escola, o alumnado de 5º e 6º volve a participar en "Atrévete" e a colaborar co CIFP Carlos Oroza (que para o despistado ou despistada que non se lembre, preparáronnos unha riquísima merenda o ano pasado no cole coa súa Foodtruck "Pontevan").
Nesta ocasión, puideron visitar o seu instituto e, polo que teño escoitado, quedaron impresionadísimos coas pedazo instalacións que teñen.
O programa Eduemprende pretende fomentar no alumnado o espírito da autonomía, da creatividade e do emprendemento dende as primeiras idades. Por iso, a actividade foi completísima:
Recibiunos Teresa, a encargada do programa, e xunto cunha emprendedora e o responsable da asociación de xóvenes empresarios, explicáronlles en que consistía iso de emprender e contáronlles as súas propias experiencias (moi motivadoras e enriquecedoras).
Logo o alumnado de restauración desenvolveu coa rapazada tres obradoiros: decoración de copa, preparación de cóctel e doblaxe de servilleta. Que divertido, canto aprenderon e... xa me dixeron que de aquí seguro que saen futuros profesionais!
Unha vez máis sorprendéronos cunha espectacular e riquísima merenda, toda elaborada polo alumnado dos ciclos de panadaría, repostería e cociña, e todo con produtos locais e ecolóxicos!
Gracias a todo o equipo do CIFP Carlos Oroza por plantar a semente da inquedanza e do emprendemendo, así como como por amosarnos a ampla gama de posibilidades de formación que hai e, como non, por acoller ao noso centro tan ben unha vez máis.
Castañón
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario