Boas rapazada!
Hoxe estou aquí cunha nova xenial! No 2º trimestre, a raíz do traballo sobre a música galega dende o PDI, o grupo de 6º curso participou na actividade "Regueifando" de Correlingua 2022, dentro do proxecto "Inmunízate co galego".
Nesta, o alumnado aprendeu de cero o que era unha regueifa, como identificar e compoñer coplas, e mesmo creou con moito traballo e investigación tres delas para participar na actividade.
O resultado é este vídeo: unha regueifa colectiva con todos os participantes de Galicia. Exactamente saímos no minuto 8.25. Que vos parece??
Ademais, pola súa participación recibiron unha pulseira e unha mochila así de chula.
Noraboa rapazada!
Gracias por estar aí loitando por manter viva a nosa lingua!
Ningún comentario:
Publicar un comentario