Boas rapazada!!
Estou cargado de ilusión e de ganas de traballar, quero xa levar a cabo os novos proxectos e actividades e aprender un montón!
A cuestión e que este verán, con isto do COVID, estiven de vacacións por Galicia, fixen o Camiño de Santiago e descubrín paisaxes incribles, impresionantes monumentos, coñecín especies de flora e fauna que nunca vira e comín moi ben pero... sei que me quedou moito por descubrir. Así é que pensei que sería egoísta pola miña parte non compartir todo isto con vós; por iso este ano será... "O ano de Galicia"!!!
O ano de Galicia estará cheo de sorpresas, con saídas, novos proxectos, visitas ao centro e... este ano quixen facervos algo diferente polo meu aniversario.
Ademais, a través deste P.D.I. abordaremos un montón de contidos curriculares partindo da contorna. Aquí vos deixo un breve resumo.
Xa sabedes, dende aquí partimos para coñecer lugares máxicos.
Acompañádesme neste camiño?
Unha aperta,
Castañón!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario