CAST@RADIO

Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes neste tempo de confinamento non estamos a realizar os programas de radio, estivemos agardando para volver a facelo dende a nosa emisora, pero como vemos que esto se alonga queremos facelo online con todas e todos vós. Animádesvos?

Me imaxino que vos estaredes plantexando que é o que tedes que facer, pois é moi moi sinxelo, tedes que gravar un audio, ben sexa co Audacity ou co móbil, e mandarnolo ao enderezo de correo electrónico da biblioteca que como xa sabedes é bibliocarballedo@gmail.com.
Este audio pode ser unha consulta, unha mensaxe de agarimo, unha receita, un conto,unha opinion,unha canción para os nosos minutos musicais, un poema... o que queirades e o que se vos ocurra, debedes deixar a vosa imaxinación a voar e así entre todos voltaremos a recuperar a maxia da Cast@radio e é unha maneira de achegarnos un chisquiño máis e saber uns dos outros  nestes tempos de confinamento. 
Lembrade unha cousa importante e é que na radio FALAMOS GALEGO, así que todos os audios que enviedes deberán ser nesta lingua.
Animádevos a participar !!! Agardo con moita ansia todos os vosos audios, para montar o noso seguinte programa de radio, seremos quen de telo preparado para o vindeiro mércores???


Un saúdo e unha aperta virtual do voso amigo 
Castañón!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario