BOAS RAPAZADA:
COMO VAI TODO? COMO CADA ANO,DURANTE A SEMANA DO LIBRO NA NOSA ESCOLA TEN LUGAR UNHA SEMANA MOI ESPECIAL.
ESTA É A SEMANA DO KAMISHIBAI, E CONSISTE EN QUE CADA AULA PREPARA UN CONTO PARA O TEATRIÑO XAPONÉS, RELACIONADO COA TEMÁTICA DO P.D.I. E POSTERIORMENTE, LESE AO RESTO DO ALUMNADO DURANTE AS HORAS DE LER DA SEMANA.
ADEMAIS, PROCURAMOS TRAER A UN EXPERTO RELACIONADO CO NOSO P.D.I. E NESTA OCASIÓN TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CON XURXO MARIÑO, QUE ACUDIU Á ESCOLA PARA ACHEGARNOS AO MUNDO DA CIENCIA E APROVEITAMOS A VISITA PARA FACERLLE UNHA ENTREVISTA PARA A CAST@RADIO QUE PUBLICAREMOS PROXIMAMENTE NO NOSO PROGRAMA SEMANAL.
DE SEGUIDO DEIXOVOS OS VÍDEOS COS CONTOS E AS FOTOGRAFÍAS DA XUNTANZA CON XURXO.
AS FOTOGRAFÍAS DA V SEMANA DO KAMISHIBAI
REMATAMOS A SEMANA COS APADRIÑAMENTOS LECTORES E COMO FIXO BO TEMPO TIVEMOS A SORTE DE PODER FACELO FÓRA.
SAÚDOS
CASTAÑÓN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario