Como xa sabedes, o pasado xoves día 28 de febreiro tivo lugar na nosa biblio, un acto organizado pola RAG (Real Academia Galega) e no cal participamos os colexios de Tenorio e o de Carballedo.
Este acto é o primeiro de moitos que se van levar a cabo para celebrar o ano das letras galegas adicado a ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, un veciño de Cotobade.
Para facer unha homenaxe ao noso ilustre veciño elaboráronse diferentes traballos plásticos, nos cales o alumnado plasmou gráficamente a súa vida e a súa obra.
Ademais o día do citado acto fixemos un kamishibai, sobre a súa vida que chamamos ANTONIO O DA ALDEA, e que foi representado teatralmente por alumnado de 5 anos e de 1º de primaria. Cómpre sinalar que neste día tivemos con nos a Victor Freixanes, presidente da Academia, a Fina Casalderrey académica e escritora e a tres sobriños do autor homenaxeado, ademais de numerosos medios de comunicación, por unha cuestión de aforo non puidemos convidar a todo o alumnado de Tenorio nin ás familias pero decidimos emitir por Youtube e así que puideran vivencialo en directo con nosco.
A xornada comezou cun vídeo realizado coa técnica de stop motion para dar paso á representación que vos deixamos aquí:
Aquí vos deixamos o vídeo que preparamos para homenaxear a D. Antonio Fraguas Fraguas no día das Letras Galegas.
PARABÉNS E MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario