NADAL 2018

Boas rapazada:
Estou aquí para contarvos todas as actividades que realizamos na escola durante a semana previa ao Nadal. 
Fixemos dúas actividades, por unha banda, unha en familia que chamamos o NADAL DOS INVENTOS, e que consistíu en que cada familia elaborou un invento que trouxo á escola cunha ficha explicativa e que penduramos da árbore dos inventos que estivo no corredor da entrada.
E por outra banda nas aulas elaboramos un DECÁLOGO de boas prácticas para a mellora da calidade de vida e que o xoves día 20 de decembro baixamos a entrada onde nos esperaban OS REIS DA CIENCIA,que eran Marie Curie, Isaac Newton e Albert Einstein. Unha vez feita a posta en común de cada un dos decálogos escollemos unha premisa de cada un deles e gravámolas na radio para elaborar un decálogo común de centro.
Aquí vos deixo un pequeno vídeo resumo das actividades realizadas na escola, onde ademais do explicado aquí arriba atoparades unha visita moi especial chegada de Laponia e que aproveitamos para convidalos á Cast@radio e facerlles unha entrevista.
Saúdos 
Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario