BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Boas rapazada!
Xa estou aquí de novo!! Como xa sabedes a nosa biblio abriu as súas portas de novo o pasado día 1 de outubro e como cada curso teño que informarvos de varias cousiñas.

A primeira o tema do noso P.D.I. deste ano que versará sobre a CIENCIA e como cada curso para dar comezo poñemos en marcha o CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, que xa vai pola súa 5ª edición.

A segunda cousiña é que o día 24 de outubro, é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, e será o día que se dea a coñecer o gañador do concurso despois, de que sexades vós, o alumnado do centro os que escollades a porta que máis vos guste,e que, como xa sabedes, tamén é o meu aniversario,e que xa cumpro 5 aniños ao voso carón!!.

A terceira e que xa tedes nas vosas aulas o meu agasallo de comezo de curso, que neste caso é un LECTÓMETRO para conseguir que leades aínda máis libros da biblio, pero lembrade que hai que demostrar que se leron para poder pintalos no seu andel correspondente. Quen será o primeiro/a en rematar o seu andel?

E a derradeira nova que vos traio, polo de agora, é que xa está a miña rapazada a voltas pola Cast@radio, polo que a partir do día 9 de outubro teredes de novo os programas colgados no blogue coma o curso pasado.

E xa sabedes para calquera cousiña, Castañón sempre á vosa disposición!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario