24 DE OUTUBRO!

    Benvidos rapaciños e rapaciñas!

Hoxe estou moi ledo, traio varias novas que contravos, por unha 
banda ACHEGASE O MEU ANIVERSARIO, lembrades que o curso pasado dende o equipo de biblioteca  convocaron un concurso para elexir  a mascota da biblio   e aparecín eu?  Pois si, estou a piques de cumprir un ano, un aniño xa convosco e por isto para celebralo vouvos propor un novo concurso.

Consiste en decorar as portas das vosas aulas co tema elixido para levar a cabo o PDI (proxecto documental integrado) que non é outro que o dos bosques.

 Así que xa sabedes poñede as vosas imaxinacións a voar e… que gañe o mellor!!

O vindeiro día 24 de outubro día internacional das bibliotecas escolares e o meu aniversario, porei no noso blogue a clase gañadora coa axuda do equipo de biblioteca.

Ánimo coa ambientación das vosas aulas e…xa sabedes para calquera cousa…Castañón sempre á vosa disposición!


Ningún comentario:

Publicar un comentario