OPERACIÓN KILO :3x1

EXTRA, EXTRA! o vindeiro venres  14 de marzo,levaremos a cabo na escola a operación kilo, consiste en facer un intercambio, por un kilogramo de comida non perecedeira, regalovos tres libros, dos expurgados da biblioteca! 
Agardo ter moreas e moreas de kilos para poder agasallarvos moitisímos libros e poder así contribuir co noso pequeno grao de area entregando esa comida aos Servizos Sociais do Concello de Cotobade que llo entregarán a quen o precisa. 
SEXAMOS SOLIDARIOS! INTERCAMBIEMOS, KILOS POR LIBROS!
  
XA ESTOU PREPARANDO OS LIBRIÑOS...AGARDO QUE ACADEMOS MOITOS KILIÑOS!
E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!!

1 comentario:

  1. Ala caraiii!!! Estas ofertas son mellores cas do Carrefour !! Además é por unha boa causa, que é oo importante.Bueno, alí estarei eu, a tope de kilos para atrapar os libros que me gustan, antes de que llelos quiten das mans a Castañon!!!

    ResponderEliminar