GRAZAS BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA!!

O mes pasado púxenme en contacto coa biblioteca pública de Pontevedra e as bibliotecarias, moi amables, buscáronme moitos libros sobre o circo, eu pasei por alí recollelos e todo o alumnado nas horas de lectura traballaron con eles.
Aquí vos deixo unha fotiño dos libros para que lembredes os títulos e os releades cando queirades.

E xa sabedes... para calquera cousa Castañón sempre a vosa disposición!

Ningún comentario:

Publicar un comentario