Hoxe estou aquí para contarvos que onte tivemos na escola a Laura, unha contacontos, que é a dona da libraría PATAKAFRITA de Pontevedra e acudiu para facernos dúas sesións. Por unha banda estivo co alumnado máis pequerrecho da escola, cos de infantil 1º e 2º,e, posteriormente estivo co alumnado restante dende 3º ata 6º de primaria.
Aquí vos deixo as fotos da sesión para que vexades o que disfrutamos con ela .
Aquí vos deixo unha fotografía para que vexades cales foron os libros que poidemos desfrutar durante a sesión. Ah! e case me esquecía de contarvos que Laura, para rematar nos cantou a canción da SAIA DA CAROLINA! Foi un momento moi divertido!!
Hoxe estou aquí para contarvos o que andan a artellar polo corredor de arriba, posto que os rapaces de 5º e 6º van participar no concurso de espantallos do Concello de A Lama,e van presentar, como non podía ser de outra maneira uns ESPANTALLOS DE CINE!!
Elaboraron unha representación da gravación dunha curta, onde se poden atopar actores, actrices, dobres, cámaras, directoras de vestiario, perruqueiras e maquilladoras e así ata doce espantallos que poderedes ver na ruta do Barbeira a partires desta semana e ata o día 10 de xuño que serácando se coñecerá o veredito do xurado.
Con iste motivo achegouse á nosa escola a unidade móbil de Radio Nova para entrevistar aos nosos amigos de 5º e 6º.
Deixovos o enlace para que poidades escoitar a súa primeira intervención polas ondas.
Como xa sabedes, a semana pasada tivo lugar na nosa escola a III SEMANA DO KAMISHIBAI, e cada aula elaborou un conto sobre o cine para o teatriño xaponés. Aquí vos deixo os vídeos para que poidades desfrutar de todos e cada un deles.
Agardo que vos gusten tanto coma a nós !
En primeiro lugar deixovos o dos pequechos da escola, o alumnado de infantil!
Aquí o traballiño realizado polo alumnado de 1º e 2º.
De seguido chega a quenda do alumnado de 3º
Alumnado de 4º
Quenda do alumnado de 5º
E rematamos esta III Semana do Kamishibai coa quenda de 6º de primaria.
Como xa sabedes estamos no ecuador da III SEMANA DO KAMISHIBAI, xa escoitamos o conto de infantil e de 4º de primaria, e desfrutamos do obradoiro de dobraxe na biblioteca do Concello coa subvención dentro do programa de LER CONTA MOITO.
Neste obradoiro desfrutamos da presencia de dous actores dobradores, que nos explicaron en que consiste o seu labor axudados por unha historia cuios personaxes eran Tucho e Raquetucho, unha pelota e unha raqueta, moi divertidas e posteriomente ensinaronos un guion dunha película, e como habia que dividilo en partes, e que denominan TAKE a cada unha delas, posteriormente tivemos o privilexio de facer de dobradores cunha parte dun capítulo de BOB ESPONXA, e desfrutamos moitisimo aprendendo os TAKES e por suposto gravando primeiro axudados do son e da imaxe e posteriormente xa só coa imaxe, pero non se pode facer cando un quere, senón que ten que fixarse nos APOIOS VISUAIS, para saber cando hai que facer a entrada e axustar o ritmo do take para que coincida cos movementos bucais dos personaxes.
O noso alumnado dividiuse en dúas quendas, na primeira acudiu 1º,2 e 3º e na segunda 4º, 5º e 6º.Todos desfrutamos moito esta experiencia que temos que agradecer ao Concello e a Biblioteca Municipal.
De seguido deixovos as imaxes do obradoiro onde aprendemos moito sobre o mundo da dobraxe.
MOITAS GRAZAS POLO CONVITE!
AH! QUE CASE ME ESQUEZO, SEGUNDO VAIAMOS TENDO OS VÍDEOS DAS GRAVACIÓNS DOS CONTOS DO KAMISHIBAI SUBIRÉMOLAS AQUÍ.
Hoxe estou aquí para lembrarvos que esta é unha das semanas máis importantes na nosa biblio, posto que é a semana do libro e, como xa sabedes,é a semana na cal adicamos ao Kamishibai, o noso pequeno teatriño xaponés, e cada aula elabora un conto en galego, baseado no proxecto documental integrado deste curso que non é outro ca o mundo do cine.
Ademais este ano acudiremos a un obradoiro de dobraxe que financia a biblioteca municipal, e que se escolleu baseado no noso proxecto e aproveitando a subvención que desfrutan co programa LER CONTA MOITO.
Aquí vos deixo o cartace para que poidades desfrutrar do programa.
Como xa sabedes este ano na nosa escola estamos a traballar o CINE, e polo tanto o entroido adicamolo a isto. Nesta ocasión celebramos unha GALA DO CINEMA onde cada clase presentou unha curtametraxe realizada co seu profesorado, así coma a elaboración dun concurso para ás familias.
Nesta lapela vouvos ir subindo todo o relacionado coa gala,as invitacións para familias e autoridades,o programa,as curtas, as reportaxes fotográficas...
Deixovos aquí o vídeo da escolma do casting realizado na biblioteca do centro para escoller aos presentadores da gala.
De seguido aparecerán as curtametraxes presentadas, primeiro estarán as do profesorado e despois, por rigurosa orde de entrega as presentadas polas familias: INFANTIL, NOMINADA A 4 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR PELÍCULA,MELLOR ACTRIZ,MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR COMEDIA. É GAÑADORA DE 2, PREMIO CUQUEIRA Á MELLOR COMEDIA E A MELLOR DIRECCIÓN.
CURTAMETRAXE DE INFANTIL:
1º E 2º NOMINADA A 5 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR PELÍCULA,MELLOR MÚSICA,MELLORES EFECTOS ESPECIAISE MELLOR GUION E MELLOR ACTOR. GAÑADORA DE 2, MELLOR GUION E MELLOR PELÍCULA.
3º E 4º, NOMINADA A 2 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR MÚSICA E MELLOR MONTAXE É GAÑADORA DE 1 PREMIO CUQUEIRA Á MELLOR MÚSICA.
5º E 6º, NOMINADA A 9 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR PELÍCULA,MELLOR ACTRIZ,MELLOR DIRECCIÓN,MELLOR GUION,MELLOR FOTOGRAFÍA,MELLOR MONTAXE,MELLOR AMBIENTACIÓN E MELLOR IDEA ORIXINAL É GAÑADORA DE 2, PREMIOS CUQUEIRA Á AMBIENTACIÓN E AO MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO EMPATADO CON VAICHE BOA!.
ALUMNADO DE VALORES DE 1º,2º,3º E 4º, NOMINADA A 2 PREMIOS CUQUEIRA MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FOTOGRAFÍA.
AQUÍ COMEZAN AS CURTAMETRAXES PRESENTADAS POLAS FAMILIAS, POR RIGUROSA ORDE DE ENTREGA:
FAMILIA DE ALAIN BARREIRO DUARTE CON BOCA SECA, NOMINADA A 6 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR ACTOR,MELLOR MÚSICA,MELLOR FOTOGRAFÍA,MELLOR MONTAXE,MELLORES EFECTOS ESPECIAIS E MELLOR IDEA ORIXINAL. É GAÑADORA DE 3, PREMIOS CUQUEIRA Á MELLOR FOTOGRAFÍA,MELLOR MONTAXE E MELLORES EFECTOS ESPECIAIS.
FAMILIA DE LEÓN TORRE CON " E SE ME PASARA A MIN, QUE?" NOMINADA A 1 PREMIO CUQUEIRA Á MELLOR IDEA ORIXINAL E GAÑADORA DESTE MESMO PREMIO.
FAMILIA DE CARLA BALLESTEROS CON "O MUNDO DOS GUMIES"
FAMILIA DE CARLA BALLESTERO, MARA E LUANA SENRA E ELBA CORDERO CON "MEU VILLANO FAVORITO"
FAMILIAS DE CARLA BALLESTEROS, MARA E LUANA SENRA E ELBA CARRERA, NOMINADAS A 4 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR GUION, MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO,MELLOR AMBIENTACIÓN E MELLOR COMEDIA. GAÑA O PREMIO CUQUEIRA, EMPATADO CON 5º E 6º, AO MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO.
FAMILIA FORTES FORTES,NOMINADA A 6 PREMIOS CUQUEIRA, MELLOR ACTRIZ, MELLOR ACTOR,MELLOR MÚSICA,MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO,MELLOR AMBIENTACIÓN E MELLOR COMEDIA. É GAÑADORA DE 2, MELLOR ACTRIZ E MELLOR ACTOR.
PARA REMATAR COAS PROXECCIÓNS DEIXOVOS AQUÍ A DESPEDIDA DA GALA REALIZADA POLOS NOSOS ESCORNABOTS.
AQUÍ VOS DEIXO UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO NOSO EVENTO.
ISTO É TODO, DE MOMENTO, SEGUNDO VAIAMOS TENDO MÁIS COUSIÑAS ENGADIREMOLAS A ESTE ENLACE.