Boas rapazada:
Debido ao éxito do primeiro obradoiro de lettering a través da nosa canle de Instagram, decidimos facer a segunda quenda e quedades todos convidados para o vindeiro venres ás 18.30 horas. Non vos esquezades de que temos unha cita online co lettering e coa profe Paloma!!!
PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- POLOS CREATIVOS
- CLUB DE CIENCIA
OBRADOIRO DE LETTERING
Boas rapazada:
Infórmovos de que para pasar mellor estes días de confinamento imos levar a cabo o vindeiro luns día 30 de marzo ás 18.00 horas un obradoiro de lettering en directo a través da nosa canle de Instagram.
Só tedes que conectarvos á nosa canle @Biblio_Carballedo e pinchar no directo e alí atoparedes á Profe Paloma que dirixirá a actividade. Animádevos, agardamos por vós.
RETOS PARA MOVER O ESQUELETO
BOAS RAPAZADA:
Aquí vos deixo unha proposta totalmente VOLUNTARIA para estes días de alerta sanitaria, eu irei plantexándovos por aquí diferentes retos, e vos, coa axuda da vosa familia debedes intentar resolvelos.
Moita sorte e animádevos a participar.
CONTOS PARA PASAR A CORENTENA
Boas rapazada:
Como xa sabemos que estes días son complicados e hai que buscar unha maneira de entreterse deixamosvos aquí unha representación teatral de TROPA DE TRAPO, que fai unhas semanas estiveron na nosa biblio.
Agardemos que esto pase axiña e que nos vexamos nun abrir e pechar de ollos.
Moito ánimo rapazada. E mentras tanto xa sabedes #Euficonacasa.
Saúdos, Castañón!
EDUCANDO EN COIGUALDADE 8 M
Boas rapazada:
O pasado mércores día 11 de marzo tivemos no cole unha ximcana para traballar en coigualdade. A actividade consistíu en que dúas rapazas do Concello viñeron á escola para facer unha ximcana co noso alumnado, que esta dividido en grupos heteroxéneos dende 3 anos ata 6º de primaria, aquí vos deixo as fotografías do evento para que gocedes da actividade tanto coma a nosa rapazada.
Saúdos, Castañón!!!
Contos de nenas grandes e pequenas
Boas rapazada:
O pasado venres tivemos no cole a Marta e a Brais,eles xuntos son "A Tropa de trapo" e viñeron á biblio para contarnos "Contos de nenas grandes e pequenas",coa intención de traballar a igualdade cogallo do 8M. Aquí vos deixo as fotos do evento para que poidades disfrutar del tanto coma a min.
Moitas grazas á Tropa de Trapo por vir ao noso cole!!
Saúdos
Castañón!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































