Reto da biblio: maio

 Último reto do curso 2024/2025 superado con creces!

Vaia inventos chulos moldeáchedes coa plastilina. Ademáis de aprender moitísimo, deixáchedes ver toda a vosa arte.

Menudo alumnado que temos neste cole!

Encontro multideporte Terra de Montes no pavillón de Carballedo

 OLA RAPAZADA!
Hoxe o alumnado de 1º e 2º de primaria tivo a sorte de gozar dun encontro multideporte cos nenos e nenas dos outros centros de Terra de Montes.

Transformando a nosa biblioteca

Rapazada, a espera mereceu a pena! 

Este ano a nosa biblioteca sufriu unha gran transformación na que, ademais de mudar o mobiliario tamén deseñamos novos espazos así como unha morea de material e novos recursos.

Queredes ver o antes e o despois? Pois por aquí vos deixo unhas fotografías.

ANTES



DESPOIS




Non podemos estar máis contentos/as coa nosa nova biblio! Dan ganas de pasar o día enteiro nela.
Apertas
Castañón





Imos a unha exposición da garda civil

 BOAS NENOS/AS

Seguimos nunha semana chea de actividades, neste caso, coñecendo o funcionamento da garda civil.

Dinamización da biblioteca: maio!

OLA RAPAZADA!
O mes de maio foi o último deste curso no que tivemos actividades na nosa biblio polas tardes.

Robótica e electrónica en Polos Creativos

 Bo día rapazada!

Nesta entrada móstrovos todo o traballo realizado este curso no obradoiro de robótica e electrónica de Polos Creativos.

Ao longo deste curso fixemos 4 rotacións e en cada unha tiñamos unha estación de robótica, unha estación de circuítos eléctricos e unha estación de construcción.

Libros que van e veñen en infantil

 BO DÍA

Continuamos fomentando o hábito lector dende ben pequenos co programa Libros que van e veñen impulsado dende bibliotecas escolares.