Fomento da escritura e da expresión oral!

 OLA RAPAZADA

O fomento da escritura e da expresión oral son competencias fundamentais a traballar co noso alumnado.

Ao longo deste curso traballamos en profundidade tanto a expresión escrita como a expresión oral nas tres linguas: castelán, galego e inglés reforzando así a competencia plurilingüe.

Ditas actividades estiveron enfocadas en todo momento ao noso PDI deste ano: Carballedo, escola de sueprheroes, ven sexa mediante a investigación e posterior posta en común coas exposicións ou coa creación de historias nas cales os protagonistas sexan superheroes. 

Ademais, en todo momento tivemos en conta que o alumnado se expresase con liberdade, sen medo ao erro e con actividades que favorezan a toma de palabra, a escoita activa, o respeto polos demais así como aquelas que fomentasen as habilidades principais para a elaboración dunha composición escrita como a planificación, a redacción, a revisión...

Algunhas actividades máis especificas que se levaron a cabo este ano, ademais das exposicións trimestrais, foron por exemplo a invención de historias a partir de heroes da ficción en franelograma, a creación dun libro dos superheroes, a exposición dun heroe mitolóxico, a elaboración dun conto en grupos cooperativos a partir de imaxes no que os protagonistas sexan superheroes...e moitas máis!

Por aquí vos deixamos algunhas fotos de ditas actividades.


Sen dúbida, aspectos moi importantes que debemos fomentar no noso alumnado para que aprendan a comunicarse e desenvolver o pensamento crítico.

Saúdos

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario