Rapazada! Este curso, As Cores de Carballedo 5.0 dan por rematada tanto a producción dos seus produtos como a súa venda nos mercados.
Este ano fumos ao mercado organizado pola Deputación de Pontevedra na praza da Peregrina así como ao mercado do noso concello, na praza da Chan.Non podemos estar máis agradecidos con toda a xente que se acercou a mercar algunhas das nosas elaboracións así como aos nosos compañeiros e compañeiras que se achegaron a coller algún detalliño.
Todos os nosos productos: libretas, pratos, chaveiros, ambientadores.... foron elaborados no centro e feito únicamente polo noso alumnado empregando todos os materiais do centro, como por exemplo a cortadora láser, recurso aportado dende o programa de polos creativos.
O recaudado será doado outro ano máis a unha asociación, concretamente á asociación Amencer Aspace.
Un saúdo
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario