Este curso seguimos creando comunidade e fomentando o hábito lector grazas aos apadriñamentos lectores.
Como xa sabedes, no noso cole seguimos potenciando actividades que fomentan a lectura como a realización dos apadriñamentos lectores os mércores antes de facer os obradoiros de polos creativos ou os castelectómetros.
Ambas iniciativas non só promoven a lectura senón que axudan a crear un vínculo especial entre os nenos e nenas de diferentes idades compartindo con eles cousas que van máis alá da lectura como a creación de contos, historias ou conversas.
Grazas a estas actividades continuamos dinamizando a nosa biblioteca, fortalecendo a convivencia, creando comunidade e, especialmente, facendo da lectura un hábito querido grazas a estes momentiños lúdicos e emocionalmente significativos.
Os castalectómetros son unha ferramenta motivadora para o alumnado e que aumenta considerablemente o número de libros lidos pola rapazada.
O próximo curso seguro que seguimos con eles.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario